
Bloquear o seu dispositivo
Desexa protexer o seu dispositivo dos usos non autorizados? Defina un código de
seguridade e axuste o seu dispositivo para que se bloquee automaticamente cando non
o estea a utilizar.
Establecer un código de seguridade personalizado
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Seguridade
>
Códigos acceso
>
Camb. cód. seg.
.
2 Insira o código de seguridade predeterminado, 12345.
3 Insira un novo código. Requírese un mínimo de 5 números. Só se poden empregar
números.
Garde o código de seguridade nun lugar secreto e seguro lonxe do dispositivo. Se
esquece o código seguridade e o seu dispositivo está bloqueado, requirirá
asistencia técnica. É posible que se apliquen tarifas adicionais e que todos os datos
persoais do dispositivo se eliminen. Para obter máis información, póñase en
Protexer o seu dispositivo 55

contacto cun servizo de atención ao cliente Nokia Care ou co distribuidor do
dispositivo.
Activar o bloqueo do teclado de seguridade
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Bloq. tecl. seguridade
>
Activado
.
O dispositivo está bloqueado cando o teclado e a pantalla están bloqueados. Precisa o
código de seguridade para desbloquear o dispositivo.