
Inserir ou retirar unha tarxeta de memoria
Utilice unicamente tarxetas de memoria compatibles autorizadas por Nokia para
utilizarse co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta
e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O dispositivo admite tarxetas de memoria cunha capacidade de ata 32 GB.
Inserir unha tarxeta de memoria
1 Quite a tapa posterior.
2 Asegúrese de que a zona de contacto da tarxeta se atope orientada cara abaixo.
Empuxe a tarxeta cara ao interior ata que escoite un clic.
3 Volva colocar a tapa da batería.
Extracción da tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria mentres estea sendo utilizada por
unha aplicación. xa que podería producir danos na tarxeta de memoria e no dispositivo
e danar os datos almacenados na tarxeta.
É posible extraer ou substituír a tarxeta de memoria sen necesidade de apagar o
dispositivo.
1 Quite a tapa posterior.
8
Introdución

2 Empuxe a tarxeta cara ao interior ata que escoite un clic e retírea.
3 Volva colocar a tapa da batería.