Nokia X3 02 - Inserir a tarxeta SIM e a batería

background image

Inserir a tarxeta SIM e a batería

Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida como

tarxeta micro-SIM, unha tarxeta micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM que

dispoña dun interruptor mini-UICC (consulte a ilustración) neste dispositivo. Unha

tarxeta micro-SIM é máis pequena que a tarxeta SIM estándar. Este dispositivo non

admite o uso de tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM incompatibles pode danar

a tarxeta ou o dispositivo e pode corromper os datos almacenados na tarxeta.

Este dispositivo débese usar só cunha batería BL-4S . Utilice sempre baterías orixinais

Nokia.
A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente ao raiala ou dobrala, polo

que debe ter coidado cando manipule, insira ou retire a tarxeta.
1 Prema os botóns de liberación e retire a tapa. Se a batería está inserida, retírea.

2 Insira unha tarxeta SIM. Asegúrese de que a zona de contacto da tarxeta se atope

orientada cara abaixo.

Introdución

7

background image

3 Aliñe os contactos da batería e do compartimento da batería e insira a batería. Para

volver poñer a tapa no seu sitio, primeiro dirixa os peches de seguridade da parte

superior cara á rañura correspondente e, a continuación, prema a tapa cara abaixo

ata que encaixe no seu lugar.