Cargar a batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica, pero é posible que precise
recargala para poder acender o dispositivo por primeira vez.
Se o dispositivo indica que dispón de pouca batería, faga o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma da parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo.
3 Cando o dispositivo indica que a batería está chea, desconecte o cargador do
dispositivo e, a continuación, da toma de corrente.
Non precisa cargar a batería durante un tempo concreto e pode utilizar o dispositivo
mentres se está a cargar. Durante a carga, é posible que o dispositivo se quente.
Se a batería está completamente descargada, é posible que teña que esperar varios
minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de carga na
pantalla.
Se a batería non se utilizou dende hai moito tempo, para comezar a carga, é posible
que necesite conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar.
A carga do dispositivo mentres escoita a radio pode afectar á calidade da recepción.