Entrada de texto preditivo
O dicionario incorporado suxire palabras segundo preme as teclas numéricas. Tamén
pode engadir as súas propias palabras ao dicionario.
Escribir unha palabra
Prema as teclas numéricas (2-9). Prema cada tecla unha vez por letra.
Escribir texto 27
Confirmar unha palabra
Para inserir un espazo, mova o cursor cara adiante ou prema 0.
Seleccionar a palabra correcta
Se a palabra proposta non é correcta, prema * repetidamente e seleccione a palabra
desexada da lista.
Engadir unha palabra ao dicionario
Se o carácter ? aparece despois da palabra, significa que a palabra que quería escribir
non está no dicionario. Para engadir a palabra ao dicionario, seleccione
Escribir
. Insira
a palabra utilizando a introdución de texto tradicional e seleccione
Gardar
.
Escribir unha palabra composta
Escriba a primeira parte da palabra e mova o cursor cara adiante para confirmala. Escriba
a seguinte parte da palabra e confirme de novo.