Nokia X3 02 - Dereitos de autor e outros avisos

background image

Dereitos de autor e outros avisos

DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE

Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-639/RM-775 cumpre cos requirimentos básicos e con outras

condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina http://

www.nokia.com/phones/declaration_of_conformity/.

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Nokia, Nokia Connecting People, Ovi, Nokia Xpress print, Nokia Xpress audio messaging e Navi son marcas comerciais ou marcas

comerciais rexistradas de Nokia Corporation. Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos

e nomes de compañías mencionados neste documento poden ser marcas comerciais ou nomes comerciais dos seus respectivos

propietarios.

A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera modo

e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento continuo e

resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento sen previo aviso.

Includes RSA BSAFE cryptographic or security protocol software from RSA Security.

Dereitos de autor e outros avisos 63

background image

Java and all Java-based marks are trademarks or registered trademarks of Sun Microsystems, Inc.

Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e non

comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha actividade

persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo con licenza. Non

se concede ningunha licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible obter información adicional, incluíndo a

relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais, de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://www.mpegla.com.

Na máxima medida permitida pola lexislación aplicable, nin Nokia nin ningún dos seus outorgantes de licenza se

responsabilizará baixo ningunha circunstancia da perda de datos ou ingresos nin de ningún dano especial, incidental,

consecuente (lucro cesante) indirecto, independentemente da súa causa.

Os contidos deste documento fornécense "tal cal". Salvo que así o esixa a lei aplicable, non se ofrecerá ningún tipo de garantía,

expresa ou implícita, incluída, pero sen limitarse a ela, a garantía implícita de comerciabilidade e adaptación a un propósito

concreto con respecto á exactitude, fiabilidade e contido deste documento en calquera momento sen previo aviso. Nokia

resérvase o dereito de revisar este documento ou de retiralo en calquera momento sen previo aviso.

A dispoñibilidade de produtos, funcións, aplicacións e servizos pode variar segundo a rexión. Para obter máis información,

póñase en contacto co seu distribuidor Nokia ou o seu fornecedor de servizos. Este dispositivo pode conter elementos, tecnoloxía

ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera

alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente.

Nokia non fornece garantía algunha nin se responsabiliza da funcionalidade, contidos nin asistencia técnica ao usuario de

aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo. Mediante a utilización dunha aplicación, vostede recoñecerá que a

aplicación fornécese tal cal. Nokia non fornece garantía nin representación algunha nin se responsabiliza da funcionalidade,

contidos nin asistencia técnica ao usuario de aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo.

AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un teléfono

preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono no caso de que

non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en contacto co centro de servizo

técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu funcionamento está suxeito ás dúas

condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as

interferencias recibidas, incluídas as que provoquen un funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que

non se aprobe de xeito expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.

Número de modelo: X3-02/X3-02.5

/Edición 3.0 GL

64 Dereitos de autor e outros avisos