Mover ou copiar contactos á súa tarxeta SIM
Desexa utilizar a súa tarxeta SIM noutro dispositivo pero seguir tendo acceso aos seus
contactos? De forma predeterminada, os contactos gárdanse na memoria do
dispositivo, pero pode copiar os seus contactos nunha tarxeta SIM.
Seleccione
Menú
>
Guía
.
Pódense gardar máis contactos na memoria do dispositivo, e os contactos gardados na
tarxeta SIM só poden ter un número de teléfono. indica un contacto gardado na
tarxeta SIM.
Copia de todos os contactos
Seleccione
Copiar contactos
>
Do teléfono á SIM
.
Mover todos os contactos
Seleccione
Mover contactos
>
Do teléfono á SIM
.
Consello: Se os contactos están gardados na memoria do dispositivo e na tarxeta SIM,
é posible que se amosen duplicados na lista de contactos. Para amosar só os contactos
gardados no dispositivo, seleccione
Axustes
>
Memoria en uso
>
Teléfono
.