Copiar unha imaxe ou outros contidos entre o seu dispositivo e unha chave de
memoria USB
Pode copiar imaxes desde o seu dispositivo a unha chave de memoria USB compatible.
Utilice isto para crear copias de seguridade das imaxes que tirou nas súas viaxes.
1 Conecte un cable adaptador USB OTG compatible ao porto USB do seu dispositivo.
2 Conecte unha chave de memoria ao cable adaptador USB OTG.
3 Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Galería
e manteña seleccionado un ficheiro ou
cartafol.
4 Seleccione se desexa copiar ou mover o ficheiro ou cartafol.
5 Seleccione o cartafol de destino.