
Códigos de acceso
Código PIN ou PIN2
(4-8 díxitos)
Estes protexen a tarxeta SIM dun uso non autorizado ou son
necesarios para acceder a algunhas funcións.
Pode configurar o dispositivo para que pregunte polo código PIN
cando o acenda.
Se os códigos non se fornecen coa tarxeta SIM ou esqueceunos,
póñase en contacto co provedor do servizo.
Se introduce o código incorrectamente tres veces seguidas, é
necesario desbloquear o código co código PUK ou PUK2.
Código PUK ou PUK2
(8 díxitos)
Estes requírense para desbloquear o código PIN ou o PIN2.
Se non se fornecen coa tarxeta SIM, póñase en contacto co seu
provedor do servizo.
Número da IMEI
(15 díxitos)
Este número utilízase para identificar dispositivos válidos na
rede. O número tamén se pode utilizar para bloquear, por
exemplo, dispositivos roubados.
Para ver o número IMEI, marque *#06#.
Acendido 11

Código de bloqueo
(código de
seguridade)
(mín. 5 díxitos)
Este código axúdalle a protexer o dispositivo contra o uso non
autorizado.
Pode configurar o dispositivo para que pregunte polo código de
bloqueo que defina. O código de bloqueo predeterminado é
12345.
Garde o código secreto nun lugar seguro, lonxe do dispositivo.
Se esquece o código e o dispositivo se bloquea, requirirase
asistencia técnica. É posible que se apliquen tarifas adicionais e
que se eliminen todos os datos persoais do dispositivo.
Para obter máis información, póñase en contacto cun Centro de
Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.