Nokia X3 02 - Accións da pantalla táctil

background image

Accións da pantalla táctil

Para interactuar coa interface de usuario da pantalla táctil, toque ou manteña tocada

a pantalla táctil.
Abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla

Toque a aplicación ou o elemento.
Acceder a opcións específicas de elementos

Manteña tocado o elemento. Abrirase un menú emerxente con opcións dispoñibles.

Desprazarse nunha lista ou menú

Sitúe o dedo na pantalla, despráceo rapidamente arriba ou abaixo por esta e logo

levánteo. O contido da pantalla desprazarase coa velocidade e na dirección que tiña no

momento de soltar o dedo. Para seleccionar un elemento dunha lista en desprazamento

e deter o movemento, toque o elemento.

Esvarar co dedo horizontalmente

Coloque un dedo na pantalla e despráceo firmemente na dirección desexada.

Acendido 13

background image

Por exemplo, cando estea visualizando unha imaxe, para ver a seguinte imaxe, esvare

co dedo horizontalmente á esquerda. Para navegar rapidamente a través das imaxes,

esvare co dedo horizontalmente na pantalla con rapidez e logo desprácese á dereita ou

á esquerda polas miniaturas.